martes, 4 de agosto de 2009

Trofeo Presidente da Xunta de Galicia

Os dejo esta información sacada del blog de Luis Piñeiro, muchos le conocéis, ya que estuvo impartiendo algún curso de montaje y de lance con Julio Seijas hace unos años por aqui, un blog muy interesante con muchas noticias sobre la pesca de río y mar.
Tenis en enlace en la lista. www.surfcastingmasters.blogspot.com

Hemos enviado un mail a la Federación Galega de pesca, advirtiéndoles de lo que se pueden encontrar en el río.


Trofeo Presidente da xunta da Galicia


VII OPEN de España de Pesca de Salmónidos (Lance e Mosca). Trofeo Presidente da Xunta de Galicia.
Categorías Benxamín, infantil e Xuvenil.,
4 a 6 de setembro de 2009

LUGAR:
Vilalba, (Lugo), Couto: Río Magdalena. A organización corre a cargo da Federación Galega de Pesca coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

MODALIDADES:
BENXAMÍN: Ata os 11 anos, cumpridos no ano da competición.
INFANTÍS: Máis de 11 anos e ata os 14 anos, cumpridos no ano da competición.
XUVENÍS: Máis de 14 anos e ata os 18, cumpridos no ano da competición
DAMAS

INDICACIÓNS DE INTERESE
1.- A Organización sinala que a oficina de recepción estará situada no Hotel Villamartín, Avda. da Terra Cha, Vilalba 982511215 hotelvillamartin.com, ao que deberán dirixirse os asistentes a partir das 17:00 horas do día 4 de setembro, data de inicio do Campionato, que culminará coa comida do día 6 de setembro.

2.- As inscricións dos acompañantes, obrigatoriamente se realizarán no prazo indicado no boletín de inscrición, acompañando ao mesmo o xustificante bancario correspondente.

3.- A documentación indicada, será enviada, mediante correo ordinario ou fax ao enderezo da Federación Galega de Pesca en Doctor Gasalla, 29, baixo 27004 Lugo. tfn.:607881916 fax:982212825 tfn/fax 982202405.
federacion@fgpesca.org

4.- O Comité determinou que o Campionato se desenvolverá a culleriña e mosca con buldó (máximo 3 moscas), e cola de rata.

As moscas con pluma de Temporada, e as culleriñas deben ser un pouco pesadas. Normalmente son efectivas as do n° 0, 1 y 2.
As capturas, una vez medidas polo control, serán devoltas vivas ao seu medio. A Organización proveerá aos deportistas do correspondente medidor. A medida mínima segundo a Organización será igual ou superior a 19 cm.

5.- Cada deportista disporá de 50 - 100 m de zona de pesca.

7- OUTRA INFORMACIÓN.

As capturas, que deberán presentarse ao control en sacadeira ou salabre, unha vez controladas serán devoltas vivas ao seu medio, sendo válidas para este Campionato as da medida adoptada en Galicia.

A PUNTUACIÓN obterase da aplicación da norma establecida no Regulamento para os eventos de Salmónidos que se desenvolven baixo a fórmula de devolución das capturas vivas ao seu medio.
A Organización disporá dos seguintes trofeos para cada modalidade (benxamín, infantil e xuvenil):

Trofeo á Peza Maior

Trofeo ao maior número de pezas

Trofeos os primeiros clasificados de cada categoría

O non previsto nestas normas rexirase polo Regulamento de Competicións vixente, da Federación Española de Pesca y Cásting, e medidas que se se establezan na reunión de Delegados e polo propio xurado da Competición

A fin de garantir a seguridade dos menores, na categoría infantil, poderá esixirse a presenza de algún familiar do participante durante o tempo que dure a competición.

A organización adoptará as medidas que salvagarden a responsabilidade non deportiva dos Organizadores, en particular se esixe autorización por escrito dos pais ou representantes legais.