domingo, 30 de enero de 2011

Modificación del coto de Villalba

http://www.xunta.es/Dog/Dog2011.nsf/FichaContenido/3372?OpenDocument

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

--------------------------------------------------------------------------------


Número do Dog:

15


Páxina do Dog:
1.406


Data da Disposición:
14 de xaneiro de 2011


Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:
Resolución


Título:

Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se modifica o couto de pesca de Vilalba.



Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se modifica o couto de pesca de Vilalba.

Antecedentes.
De conformidade co disposto no artigo 68º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), a Consellería do Medio Rural aprobou o Plan de Xestión de Recursos Piscícolas do seguinte tramo do río Madanela, situado no concello de Vilalba:

Límite superior: A Ponte Nova en Lanzós.
Límite inferior: unión co río Trimaz.
Lonxitude aproximada: 9,1 km.
De conformidade co disposto no artigo 15º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Lugo iniciou o expediente de modificación do couto de pesca de Vilalba.

No expediente de modificación do couto de pesca de Vilalba consta o informe favorable do Comité Provincial de Pesca Fluvial de Lugo.

No trámite de información pública do expediente de modificación do couto de pesca de Vilalba non se presentaron alegacións.

Consideracións legais.
O expediente de modificación do couto de pesca de Vilalba cumpre os requisitos establecidos na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial; no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e demais normativa de aplicación.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza é competente para resolver o expediente segundo o disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial; no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e mais no Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Resolución.
De conformidade con todo o anterior, resolvo modificar o couto de pesca de Vilalba, cos límites e a normativa que a seguir se establecen:

Límite superior: A Ponte Nova en Lanzós.
Límite inferior: ponte ao lado da capela da Madanela.
Lonxitude aproximada: 6,8 km.
Clasificación: couto de troita.
Permisos diarios: 6 permisos os días laborables e 6 os sábados, domingos e festivos.

Cota diaria de captura: 6 troitas por persoa.
Tamaño mínimo da troita: 19 cm.
Días inhábiles: segundo a orden anual de pesca continental.
De conformidade co disposto no artigo 15º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), inclúense no couto de pesca os 100 m finais de todos os afluentes existentes no tramo acoutado.

Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 107º.1, 114º e 115º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2011.
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza