A Fundación Manuel María dedica a Agustín Fernández Paz o terceiro hectómetro dos soños do paseo fluvial de Vilalba(hai menos de un ano).
Ata aquí todo ben, que se dediquen hectómetros uns a outros parécenos estupendo, agora, que lle chamen paseo dos soños...
Xa me gustaría a min saber o que pasa pola cabeza desta xente con tanto peso intelectual para referirse a este tramo de río como paseo dos soños.
Solamente se me ocurre que nunca na vida miraron para o río, soamente alcanzan a mirar o seu paseo de cemento e o muiño restaurado de pedra.
É de imaxinar que se tivesen mirado algunha vez para o río, os nonolitos e estandartadas que colocan á beira do Madalena terían forma de compresa , gasas ou preservativos.
Este para algúns de nos é o paseo dos pesadelos, e moitas veces case se parece ó mesmo inferno.