domingo, 11 de octubre de 2009

ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS

Asociación Deportiva Pescadores Vilalbeses


Estimado socio:

Convocámolo a II Asamblea Xeral da Asociación Deportiva de Pescadores Vilalbeses, que terá lugar na Cafetería da Area Recreativa da Magdalena, con data 15 de outubro de
2009, ás 8.30 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 9:30 horas en segunda convocatoria.

ORDEN DO DIA:

- Notificación de nº de socios 2009.

- Notificación do Estado de Contas.

- Proxecto de cria de troitas na xaula e canle de alevinaxe da Magdalena, para posterior repoblación do Couto de Vilalba. Subida de cuotas para afrontalo.

- Discusión sobre a solicitude de ampliación do Couto e de permisos (algúns socios queixanse do reducido nº de permisos cando queren pescar no Couto de Vilalba).

- Notificación da solicitude de limpeza presentada a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

- Notificacion de permisos de limpeza para a asociación, fixar datas para realizala. Propoñer zonas de maior necesidade.

- Notificación do proxecto de pesca para minusválidos, adecuación na Area Recreativa da Magdalena.

- Situación agónica do rio Trimaz. Intencions da Administración (posible veda).

- Fixar data para a 2ª cea anual da asociación.

-Opinions, rogos e preguntas.


En Vilalba, a 22 de setembro de 2009.


O Presidente.
D. Marcos Vázquez Lodeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario