domingo, 28 de febrero de 2010

TRIMAZ

Este ano 2010, e supoño que en algún sucesivo, os troiteiros chairegos non poderemos pescar no Trimaz, despois de tres anos consecutivos de verquidos, mortandade, baixóns nos valores de Ph, a consellería tomou a decisión de vedalo, e así darlle un descanso, creo que mais que xustificado, o cal entendo e comparto.

Dende o verán pasado estanse levando a cabo os mesmos traballos que se fixeron no Eume, coa salvedade de que aquí non se chegou a tratar nunca con carbonatos, nen calcitas, aquí os traballos limitáronse únicamente ó selado dos taludes nas inmediacións da autovía, entendemos que os traballos van a bó ritmo, e empézan a dar os seus froitos.

Se o ano pasado nas inmediacións da rotonda de Cabreiros, na praia fluvial, os regatos que escorren polas veiras da carretera nunca mostraron valores por encima de 3,5 a día doxe non baixaron de 4,7, algo bastante notorio.






















Xa no cauce principal do Trimaz, o ano pasado, cos episodios de choiva continuos durante días, os valores baixaban de 4,5 a 5, Hoxe podemos decir que xa están próximos a 6.








Nas inmediacións de Vilalba, o ano pasado os valores chegaban a baixar a 5,2 , a día doxe están por encima de 6 , cerca dos valores normáis para este río.
Non podemos ser triunfalistas, xa que o ano pasado a mortandade coas choivas de verán foi grande, pero si podemos decir, que o camiño é o bon, algo do que debemos alegrarnos.








Sabemos que o preceso de recuperación vai ser moi lento, e levará varios anos, pero podemos por fín decir que está en marcha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario